A Praza Maior de Xinzo centra os actos de conmemoración do día das Letras Galegas 2016

mannuel
A Praza Maior de Xinzo centra os actos de conmemoración do día das Letras Galegas 2016

O martes o centro de Xinzo será o lugar onde se leven a cabo as distintas actividades programadas para honrar a figura de Manuel María con motivo do Días das Letras Galegas.

Ás 10h da mañá comeza a xornada coa venda de libros na Praza Maior cun 10% de desconto. O posto permanecerá aberto ata as 21h.

Ás 12h terá lugar unha breve reseña biográfica do autor de Outeiro de Rei. A Asociación Cultural Teatral Aneis procederá á lectura dun anaco da súa antoloxía poética.

A partir das 12.30h dará comezo unha audición de temas musicais de "Fuxan os ventos", "A Quenlla"ou "Suso Vaamonde" entre outros moitos, realizados sobre poemas de Manuel María.

Pola tarde continuarán as actividades a partir das 18h cun baile rexional a cargo da escola municipal de gaitas do Concello coa participación da Asociación de Mulleres Rurais de Santa Baia de Montes. A actuación dará comezo na Praza Maior e seguirá na praza Otero Pedraio.