Prazas libres no Conservatorio de Música de Xinzo logo da baixa de tres estudantes

conservatorio m
Prazas libres no Conservatorio de Música de Xinzo logo da baixa de tres estudantes

Tras recibir a nova de que tres estudantes ían abandonar as clases, o Conservatorio Profesional Municipal de Música de Xinzo, planteouse a idea de cubrir esas vacantes, ante a demanda tan alta que ten o centro e sabendo que quedara xente sen praza para este ano.

Ante estes feitos, envióuselle un escrito á Xefatura Territorial de Educación que deu o visto e bo para abrir a oferta e cubrir eses postos, pese a estar a estas alturas do curso.

Trátase de dúas prazas de vento metal e unha de frauta traveseira de primeiro grado de Elemental no que queda do curso 2015/2016. Iranse cubrindo segundo orde de chegada de solicitudes, apuntan dende a concellería de Educación.

O novo alumnado que entre terase que por as pilas e recuperar estes meses para porse á altura do resto de compañeiros e compañeiras.