Prendas de tempada no stand de Devesa Moda

Stand "Devesa Moda"
Prendas de tempada no stand de Devesa Moda
Devesa Moda trae á feira as prendas que van quedando destalladas "pero sempre produto de temporada"

Josefa, dende o stand de Devesa Moda comenta que trae á feira as prendas que van quedando destalladas. Trata tanto roupa como calzado e complementos, "pero sempre produto de temporada".

O casual é o que máis se está vendendo últimamente, e explican que deuse un volta respecto á compra destes produtos. Consúmese menos o formal. As idades ás que se dirixe Devesa Moda comezan dos 20 anos en adiante, é roupa adicada a "señora joven".

O comercio tamén ten visitado outras feiras e este é o segundo ano que participan na Feira do Comercio. "Non son os cartos que fas, é a publicidade, o escaparate" comenta Josefa