Prendas de verán e nova colección no stand de Vima Moda

Stand "Vima Moda"
Prendas de verán e nova colección no stand de Vima Moda
Vima Moda achega á Feira do Comercio prendas soltas de verán e destaca a roupa da marca galega El Pulpo

Yolanda comenta dende o stand de Vima Moda que achegan á Feira do Comercio aquelas prendas soltas de verán que van quedando entre 10, 15 e 25€. Ademais, tamén hai un apartado coa nova colección que vai chegando.

Destaca en Vima Moda unha nova marca galega "El Pulpo" que din que está funcionando moi ben. Ademais, arrancou na feira do ano pasado. As expetativas deste ano na Feira do Comercio son aumentar a venda destas prendas soltas e a visibilidade.