Presentado en Xinzo o libro “Carlos Casares compromiso con Galicia”

Presentación "Carlos Casares compromiso con Galicia"
Presentado en Xinzo o libro “Carlos Casares compromiso con Galicia”

O autor Denís Vicente estivo moi ben arroupado polo Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero e demais personaxes culturais e políticos.

O Alcalde de Xinzo Antonio Pérez, o editor da editorial IR INDO Bieito Ledo, o antropólogo limiao Manuel Madianes ,o irmán do escritor e presidente da súa fundación Xabier Casares e Denís Vicente o xoven escritor galego a quen a editorial encargou este traballo.

Comezou Bieito Ledo, case limiao, falando das épocas de estudante na que se encontra con Carlos Casares no seminario. A continuación interviu Manuel Mandianes para destacar a particularidade característica do escritor finado fai doce anos que eran as tertulias. Tertúlias na que en algunha delas na casa de Carlos durou case 36 horas ininterrompidas.

Foi despois o propio irmán do escritor homenaxeado no acto o que falou solo para agradecer a todos os poñentes da mesa a súa presenza así como o público asistente.

Tomou a palabra o Pte. da Real Academia Galega para falar largo e tendido sobre o escritor Carlos Casares para aseverar que segue a ser un dos mellores escritores galegos no seu conxunto, pero destacando sobre todo a de columnista. \“Todos nos almorzábamos con café e coa columna de Carlos na Voz de Galicia\”

Non deixou de manifestar o seu asombro de que este acto tan importante fora seguido por pouco mais de dúas ducias de persoas, cando el pensaba que este tería de celebrarse nun campo de fútbol.

Denís, despois da intervención do Pte, non quixo mais que agradecer a todos ós compoñentes da mesa.\”Todos coñecestes a Carlos Casares, e fun eu o único que fai unha análise dende os seus escritos, posto que cando el finou eu tiña soamente 12 anos\”

Para pechar o acto tomou a palabra o alcalde para despois de agradecer a presenza de todos os presentes e xustificar a aqueles que non puderon acudir, por non ser o mellor día, contestar \“ironicamente\” o Pte. da Academia e dicirlle que, non nun campo de fútbol, se non na praza que leva o nome de Carlos Casares, estará chea de veciños, si o ano que ven o dia das letras Galegas a Carlos Casares.