O presidente da RAG estivo en Xinzo para pechar os actos do Día das Letras Galegas

freixanes
O presidente da RAG estivo en Xinzo para pechar os actos do Día das Letras Galegas

Avanzan os preparativos para o Día das Letras Galegas en Xinzo de Limia.

O recentemente elixido como novo presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, visitou Xinzo este luns a capital da Limia acompañado polo Secretario da institución, Henrique Monteagudo. Reuníronse na Sala de Xuntas da Casa do Concello co rexedor limián, Antonio Pérez, e os responsables de cultura do municipio.

Este sábado ás 10:00 horas, no Salón de Actos da Casa de Cultura de Xinzo de Limia terá lugar a presentación oficial do programa definitivo de actividades.

O obxectivo da visita e do encontro foi seguir avanzando nos preparativos dos moitos actos que se levarán a cabo na vila antelá coon motivo do celebración do Día das Letras Galegas 2017 adicado a Carlos Casares.

Así mesmo, e como xa informou este xornal dixital, este sábado ás 10:00 horas, no Salón de Actos da Casa de Cultura de Xinzo de Limia terá lugar a presentación oficial do programa definitivo das actividades e eventos do ano de Carlos Casares.