Varios foron os reparos que o Ministerio de Facenda lle fixo aos presupostos aprobados inicialmente no mes de decembro.
Entre as matizacións feitas polo Ministerio de Montoro figuran unha redución da recadación prevista inicialmente de 100.000 € no imposto ICIO, no que os técnicos de facenda consideran que solo se van a recadar 82.000.
Tamén puxo obxección na contía de 3.200 € que o concello ten que devolver a un veciño que renunciou en tempo e forma a unha obra, e que o concello non meteu nos presupostos deste ano.
Tamén obriga ao concello a reducir o gasto corrente nun 5% aínda que o Concello teña superávit dos dous exercicios anteriores. Esta partida suporá unha diminución no gasto corrente isto duns 230.000 €. O alcalde entende que tal e como están as arcas municipais cun superávit de mais dun millón de euros no 2017, non suporá ningún trastorno para a execución de todo o que se pretende neste 2018.
Outra das cuestións, que o alcalde considera “case ridículas” e o incremento do 0,91% na partida de salarios, posto que este ano as dúas incorporacións da policía local teñen que cobrar. Esta cuestión foi rebatida polos técnicos do concello e espera que non teña mais percorrido.
PERÍODO DE PAGO DE FACTURAS
Unha vez que xa hai acordo con Gas Natural Fenosa para o pago das facturas en catro anualidades o noso Concello aparecerá xa nas estatísticas de Facenda como uns dos que mais pronto pagan as facturas aos seus provedores, moi por baixo do tempo mínimo legal.