jueves. 06.10.2022

Preto dun cento de mulleres participan no programa Hypatia, actuación integral de formación e prevención da violencia de xénero

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e os alcaldes e alcaldesa dos tres concellos que participan na iniciativa asistiron esta tarde a un dos obradoiros que se están a desenvolver en Xinzo
Hypatia
Hypatia

Elvira Lama:  “Algo falla cando hai que poñer leis para que moitas mulleres poidan acceder a postos de responsabilidade. Aínda queda moito camiño para acadar a igualdade real”

O camiño para lograr a igualade real acórtase con iniciativas como o Porgrama Hypathia, que leva a o nome da primeira científica da historia e ofrece atención, asesoramento, formación e intervención con mulleres de diversos perfís e de todas as idades. Dende xuño e ata finais deste mes de setembro desenvólvese a súa programación, que promoven os concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Sandiás nun exercicio de cooperación institucional e coa financiación da Xunta de Galicia. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e os alcaldes e alcaldesa dos tres concellos que participan na iniciativa asistiron esta tarde a un dos obradoiros que se imparten na Casa da Cultura de Xinzo.

A alcaldesa, Elvira Lama, agradeceu o esforzo das profesionais de Red Talento, que están ofrecer actuacións de formación e asesoramento coas mulleres participantes, preto dun centenar. Tamén insistiu en que iniciativas como esta son o único camiño para lograr a igualdade: “Algo falla cando hai que poñer leis para que moitas mulleres poidan acceder a postos de responsabilidade. Aínda queda moito camiño para acadar a igualdade real”.

O rexedor de Vilar de Barrio, Manuel Conde, subliñou a importancia do programa Hypatia e insistiu en que “a sociedade non avanza se as mulleres non están en primeira liña”. Pola súa banda, o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, desexou ás participantes que a formación e o asesoramento recibido “vos resulte produtivo, porque estades en moi boas mans”.

Hypatia2

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, asegurou que grazas ao programa Hypatia “estamos a brindar ás mulleres apoios para superar as súas dificultades, xerando redes positivas de aprendizaxe e motivación e desmontando estereotipos que gardan relación coa idade, o xénero, a ruralidade...”

Decenas de mulleres, algunhas delas acompañadas dos seus fillos e fillas, asistiron ao obradoiro deste tarde, o que demostra, segundo indicou a responsable de Red Talento, Laura Seara, “a necesidade de seguir loitando pola conciliación”. Seara afirmou que “a valoración non pode ser máis positiva, levamos moitas horas traballadas a través de asesoramento e formación e agradecemos aos tres concellos a súa confianza e a Xunta de Galicia o seu apoio”.

Hypatia chega á comarca limiá nun momento de dificultades e desafíos sociais e económicos para a zona, e presenta as políticas públicas de  igualdade como elemento nuclear e imprescindible para a recuperación despois de anos moi complicados.

As actividades e accións do Programa compleméntanse con asesoramento especializado especialmente laboral, coa elaboración de itinerarios de inserción laboral e con visitas e empresas e a boas experiencias de emprendemento e autoemprego.