Primeira feira con máis de 150 postos e nova localización

IMG_20200613_115843
Primeira feira con máis de 150 postos e nova localización

A maioría dos postos estaban satisfeitos coa nova distribución

IMG_20200613_115843

Día medio soleado e coa xente querendo xa saborear unha feira “case habitual” pero con unha nova distribución e un novo asentamento que parece ser que agradou a maioría dos postos.

Moito espazo para paseo e para poder ver os produtos a venda, sen que houbese que pedir escusas polos atropelos e polos encontróns. Os visitantes na súa grande maioría, por non dicir a totalidade aplauden a nova distribución e o novo emprazamento.

CONTINÚAN E CONTINUARÁN AS MEDIDAS DE SEGURIDADE

Mascarilla, desinfección de mans a entrada e control continuo tanto nas entradas e no interior por parte da Policía Local e Protección Civil para salvagardar as distancias.

ATENTA VISITA DA ALCALDESA E CONCELLEIROS

IMG_20200613_121424

Na feira puidemos ver a concelleiros tanto do goberno como da oposición paseando polo recinto, e ata mantendo unha pequena reunión, encabezada pola alcaldesa, supoñemos que intercambiando opinións sobre a mesma, o novo asentamento e a nova distribución.