Primeira manifestación da CIG contra o goberno de Xinzo

IMG_20210514_100737
Primeira manifestación da CIG contra o goberno de Xinzo

Unha vintena de traballadores manifestaron o seu desacordo polos procederes do goberno progresista de Xinzo

Á primeira hora da mañá unha vintena de traballadores do concello pertencentes ao sindicato da CIG, maioritario entre o persoal laboral do concello, manifestaronse ante as oficinas municipais para reivindicar unha negociación co goberno.

“Goberno progresista con maneiras dereitistas” ou “coa CIG na rúa a loita continúa”, foron uns dos slogans que os manifestantes coreaban ca as oficinas municipais, sobre todo no momento en que baixaron das oficinas a alcaldesa Elvira Lama e dous concelleiros do grupo de goberno, para realizar xestións de goberno e que aprobeitamos para recoller unhas declaracións de Elvira Lama sobre a súa opinión da concentración e das reivindicacións.

IMG_20210514_100716

Aos poucos minutos os manifestantes recolleron as pancartas e a megafonía anunciando que esta era solo o comezo de outras accións que levarán a cabo.