7 de marzo de 2018, 0:45
As dez da mañá no concello de Xinzo terá lugar unha reunión na que participarán a asociación de Produtores de pataca da Limia, a asociación de comerciantes, o Inorde o Consello regulador da IXP e os almacenistas para toma de contacto e poñer en marcha unha mesa de traballo para dar forma a unha Feira da Pataca.
Esta primeira Xuntanza na que estarán representantes do concello de Xinzo foi promovida pola Asociación de Produtores de pataca.