Por primeira vez o PSOE gaña as eleccións en Xinzo

Histórico de resultados en Xinzo
Por primeira vez o PSOE gaña as eleccións en Xinzo

Agora xa se poden analizar os resultados de onte en Xinzo, de maneira repousada.

PRIMEIRA VITORIA DE ELVIRA LAMA

A primeira das conclusións vendo os resultados ten que ser a e que Elvira Lama por primeira vez na historia democrática de Xinzo, gañou as eleccións en número de votos superando ao PP, hexemónico dende fai máis de 35 anos. Tamén hai que repara, que sendo alcaldesa 4 anos, tan solo medrou en 85 votos, o que lle permitiu, iso si, sacar un concelleiro máis que no 2019.

BNG CASE TRIPLICA OS RESULTADOS DE FAI 4 ANOS

Outro dos datos a ter en conta é que o BNG, trala renovación da lista, consegue pasar dos 1.000 votos, case triplicando os resultados do 19, aínda que iso non lle valera máis que para duplicar o número de concelleiros(2). Ata as dúas últimas mesas de Xinzo, o terceiro concelleiro estivo bailando con AXIL, decantándose polo último polos vos resultados acadados nos pobos.

AXIL, CHAVE DO NOVO GOBERNO

Amador Díaz , líder de AXIL conseguiu pasar tamén a barreira dos mil votos rabuñando 211 máis, que nas do 2019. Esa subida permitiulle acadar o terceiro concelleiro, co que esta vez si vai a ser chave no novo goberno. Tamén apuntar que AXIL foi a forza máis votada no rural por diante de PSOE e PP.

O PARTIDO POPULAR EN CAÍDA LIBRE

E para finalizar apuntar os 462 votos que se deixou o PP no día de onte, que non fan máis que confirmar a caída continua dende o 2015 no que acadou 2.675, e 1.979 fai catro anos.

Nas filas do PP, ninguén albiscaba estes resultados posto que os realistas esperaban polo menos repetir o número de concelleiros da pasada (5) e os máis optimistas ata falaban de maioría absoluta, contando cos votos de Montse Lama, de novo nas filas do partido, aínda que esta vez en Vilar de Barrio.

VALORACIÓN POSITIVA PARA VOX

Cun candidato descoñecido fai tan solo mes e medio VOX, acadou 174 votos, cousa que hai que valorar e por no positivo de Edelmiro Rodríguez, que el solo tivo que enfrontarse a unha campaña electoral, sen ter ningunha experiencia anterior.

Axuntamos a foto das eleccións das últimas 3 convocatorias para que cada lector siga a facer as análises que queira. Nos seguiremos a facelas noutras publicacións.