Primeiro concerto dunha Agrupación Musical da Limia moi "concentrada"

IMG_20200612_205819
Primeiro concerto dunha Agrupación Musical da Limia moi "concentrada"

16 músicos dirixidos polo mestre Tielas

IMG_20200612_205819

Na tarde de onte a Agrupación Musical da Limia quixo mostrar aos seus fieis seguidores o traballo realizado por 16 “agerridos” músicos que comezando a ensaiar con todas as medidas de seguridade, en tan solo tres semanas se pode facer un concerto.

MOI DIFICIL E COMPLICADO

IMG_20200612_210429

Ao finalizar o concerto formado por pezas moi distintas tanto de música clásica, bandas sonoras como a de Harry Potter ou pezas incunables como What a Wonderful World de Louis Armtrong, o maestro e director da “concentrada” banda agradeceu a presenza de todas as persoas que os acompañaron no concerto na Igrexa Nova, explicando o dificil e complicado que foron os ensaios para cumprir escrupulosamente coas normas de seguridade, tanto nos ensaios como no concerto mesmo.

Quixemos transmitir con este concerto que durante o confinamento unha das cousas que a todos nos uniu e mantivo fortes foi a música.

Tamén desta maneira queremos demostrar a todo o resto de membros da banda, sobre todo os pais, que se poden cumprir as normas ditadas e a vez seguir facendo música.