Primeiros pasos para unha Asociación de Hostaleiros da Limia

Asociación hostalaría de xinzo
Primeiros pasos para unha Asociación de Hostaleiros da Limia
Á primeira reunión acudiron máis de 20 propietarios de locais da vila

Onte, 9 de Novembro, as 18:00 h. tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello de Xinzo de Limia a primeira das reunións para formalizar unha nova Asociación de Hostaleiros na vila.

Preto dunha vintena de hostaleiros fixéronse presentes na reunión co fin de artellar dunha vez por todas unha organización que os englobe e os represente nun dos momentos máis cruentos da hostalería nos últimos anos, causado polo peche deste sector pola Xunta como medida de prevención para restrinxir a propagación do COVID-19 por segunda vez no que vai de ano. Logo de varios intentos e moitos anos de perseguir este proxecto conseguiuse finalmente chegar a un quórum entre unha pequena porcentaxe de donos e representantes hostaleiros da capital limiá, aínda que se espera que nun futuro próximo se sigan unindo máis persoas do sector.

Praza Maior coa hostalería pechada

Aspecto da praza Maior, cos establecementos de hostalería pechados este domingo

Esta reunión, frutífera e sen apenas discordancias entre os participantes, quixo poñer nome e forma o que, sen dúbida, será un gran paso para un dos sectores máis grandes e importantes do concello de Xinzo. Esta asociación, de agora en adiante denominada "Asociación de Hostaleiros da Limia", pretende ser unha asociación independente e con capacidade de decisión propia, cuns obxectivos que redundarán na pescuda de beneficios para todas as persoas que vivan da hostalería, como a formación, as achegas económicas, a creación de promocións conxuntas e demais accións dentro do marco do desenrolo do sector hostaleiro.

Como principal tarefa, este colectivo propúxose redactar uns estatutos e crear formulas de traballo comúns e xustas para cada un dos seus asociados onde predominará o respecto e o compañeirismo como piares fundacionais da asociación. Dende o sector pretendese facer un claro chamamento a todos os hostaleiro do Concello para que se unan ó movemento asociativo pois hoxe máis ca nunca a unión de todos fará a forza necesaria para afrontar uns tempos que se presumen complexos e esixentes. Por iso convidan a calquera representante da hostalería limiá a asistir a próxima reunión que se celebrará o vindeiro martes, 17 de novembro, as 17:00 h. no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia onde se tratarán de novo os estatutos e se comezará coa presentación de candidaturas para o corpo directivo da asociación. Para calquera dúbida ou comunicación coa asociación habilitase o correo: asociacionhostaleiroslimia@gmail.com Asociación de Hostaleiros da Limia (en constitución)