Prisión provisional e sen fianza para o detido por provocar o lume nos Blancos

636440237323791259w_1
Prisión provisional e sen fianza para o detido por provocar o lume nos Blancos

O acusado está sendo investigado polo presunto delito de provocar un lume na que queimou unha hectárea próximo a varias vivendas.

O xulgado de Xinzo de Limia ditou hoxe xoves prisión provisional comunicada e sen fianza para o veciño de Vigo de 55 anos detido por un presunto delito de incendio forestal de especial gravidade próximo a casas o pasado domingo nos Blancos. Trataríase, supostamente dunha imprudencia durante unha queima na súa leira familiar.

M.A.M.N., veciño de Vigo pero con casa e finca no concello limián dos Blancos, foi detido na mañá do mércores pola Garda Civil.

O Código Penal establece que os que incendien montes ou masas forestais "serán castigados con penas de prisión de un a cinco anos e multa de doce a dezaoito meses". Esta pena pode verse agravada de existiu perigo para a vida ou integridade física das persoas, como foi o caso.

M.A.M.N., veciño de Vigo pero con casa e finca no concello limián dos Blancos, foi detido na mañá do mércores pola Garda Civil e pasou a noite nos calabozos do cuartel de Ourense. Pasou a disposición xudicial a primeira hora da mañá do xoves no medio dunha gran expectación mediática.

O detido ten antecedentes por queima de restrollos.

Segundo afirma a Garda Civil, o detido ten antecedentes por queima de restrollos e o pasado domingo prendeu un lume "de forma incontrolada" cara o mediodía e causou un incendio que afectou a 1 hectárea de terreo arborizado, a uns 300 metros de varias vivendas e a 200 metros dunha granxa.

Para extinguir o lume foron necesarias dúas brigadas e dous camións motobomba. Ese domingo, segundo os datos trasladados pola Xunta de Galicia, rexistráronse na comunidade até 134 incendios queimándose máis de 35.000 hectáreas de monte aroborado.