A asociación de comerciantes Pro Limia organiza, da man da Federación de Comercio de Ourense, un taller de networking de innovación, renovación e consolidación comercial para os empresarios de Xinzo de Limia.
O taller terá lugar mañá xoves, día 26, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
Trátase dun taller dirixido a comerciantes para dar a coñecer aos empresarios do sector aspectos relacionados co seu negocio e o consumidor, así como temas relacionados coa normativa de consumo, axudas, novas tecnoloxías, comercio electrónico e fidelización, entre outros.
O taller terá lugar mañá xoves, día 26, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
Dende a asociación comentan que tamén será unha boa ocasión para que os interesados en asociarse poidan entregar a ficha de asociación a algún membro da Xunta Directiva de Pro Limia.