As probas PCR feitas aos contactos dos dous casos confirmados (illados e en corentana) deron resultado negativo

IMG_20200526_232608
As probas PCR feitas aos contactos dos dous casos confirmados (illados e en corentana) deron resultado negativo
No concello de Xinzo

Comunicado oficial de esta mañá 02.08.20

Ata o día de hoxe non se confirmaron novos positivos de COVID-19 en Xinzo. As probas PCR feitas aos contactos dos dous casos confirmados (illados e en corentana) deron resultado negativo, polo que a situación é a mesma de onte.

Dende o Concello de Xinzo desexámoslle aos afectados unha pronta recuperación e seguimos insistindo na necesidade de non rebaixar as medidas de seguridade, especialmente en canto ao uso de máscara, xel desinfectante e distanciamento social.

É máis imprescindible que nunca a responsabilidade individual.

Si todos e todas seguimos as normas, a situación mellorará antes.