Procesión como "DIOS" manda

Saida da procesión de Sta. Mariña da igrexa vella.
Procesión como "DIOS" manda

A hora marcada comezou a procesión coa imaxe da patroa de Xinzo \“Sta. Mariña\”.

Á hora marcada comezou a procesión coa imaxe da patroa de Xinzo \“Sta. Mariña\” acompañada de outras imaxes e dun nutrido número de fíeis, entre os que non faltaron, como marca a tradición, as autoridades civís, encabezadas polo alcalde e as militares, nas que neste caso tiveron presenza membros da Guardia Civil e o Xefe da Policía Local.

Saíndo da igrexa vella dirixíronse ata o barrio de Sta. Mariña, para dende alí continuar o percorrido polo barrio de abaixo e chegar a igrexa nova, para celebrar a misa do día grande das festas do pobo.