Programa de actividades do día internacional da muller

dia da muller traballadora
Programa de actividades do día internacional da muller

A conmemoración terá lugar entre o 6 e o 9 de marzo nun amplo programa de actividades

En conmemoración do Día Internacional da Muller a Concellería de Servizos Sociais co responsable Manuel Casas, a través do Centro de Infomación ás Mulleres (CIM) e en colaboración coa Biblioteca municipal, Cruz Vermella de Xinzo, Centro de Día de Xinzo de Limia Centro Social, e a axuda de dúas voluntarias do CDG O Viso, levará a cabo o seguinte programa de actividades.

O día 6 de marzo na Praza Carlos Casares desenvolverase a Gymkana, Campaña de Cruz Vermella \“En busca da igualdade. Pasos cara unha igualdade efectiva\”. Na que participarán a distintas horas o alumnado do CEIP de Sarreaus e do CEIP Rosalía de Castro. Tamén se realizará na Biblioteca municipal a actividade \“Coeducando en igualdade\”, mediante a lectura e coloquio sobre o libro \“Rosa Caramelo\” de Adela Turín.

O día 9 de marzo na Praza Carlos Casares e na Biblioteca municipal terá lugar a Gymkana e a Actividade \“Coeducando en igualdade\” pero, esta vez o destinatario será o alumnado do CEIP Carlos Casares. Posteriormente, sobre mas 12:15 comezará o acto institucional do Día Internacional da Muller no Salón de Plenos do Concello. O comezo dará lugar a exhibición do spot \“Muller, nin máis nin menos\”, realizado polas usarías e usuarios do Centro de Día de Xinzo e Centro Social. A continuación procederase á lectura do Manifesto e para finalizar realizarase a lectura dun poema.