ProLimia fará a súa primeira campaña de Nadal conxunta

WhatsApp Image 2017-12-12 at 08.57.23
ProLimia fará a súa primeira campaña de Nadal conxunta

Os socios da asociación de empresarios e comerciantes ProLimia reuníronse no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia onte pola tarde.

Os empresarios e comerciantes socios da asociación ProLimia reuníronse onte na Casa da Cultura de Xinzo de Limia para determinar as accións conxuntas a realizar na que será a súa primeira campaña de Nadal.

Haberá decoración de Nadal exterior común a todos os negocios ProLimia.

Unha vintena de asistentes, maioritariamente do sector comercial, decidiron abrir os domingos 17, 24 e 31 de decembro. Así mesmo, organizarán animación na rúa e ambientación de Nadal todos os días de campaña.

Por outra banda, realizarase un sorteo con 15 mil "rascas" distribuídos entre os establecementos participantes na campaña. Dese sorteo sairán 300 premios directos de 10 € para gastar nos negocios ProLimia e dous grandes premios: unha viaxe e tecnoloxía.

Haberá decoración de Nadal exterior común a todos os negocios ProLimia. Esta estará colocada a partir deste venres, día 15 de decembro.