A Protección Civil de Xinzo ten nova directiva

Protección Civil
A Protección Civil de Xinzo ten nova directiva
A nova agrupación pretende traballar desde “un novo punto de vista” que lles permita medrar REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia “Un novo punto de...

A nova agrupación pretende traballar desde “un novo punto de vista” que lles permita medrar

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

“Un novo punto de vista”, isto é ao que aspira a nova directiva da Agrupación de Protección Civil de Xinzo de Limia. Despois dunha etapa baixo as directrices de Rafael Vázquez, a  nova directiva pretende, desde unha óptica diferente “conseguir crecer tanto en cooperación de voluntarios como na mellora dos medios técnicos para poder desenvolver de forma adecuada e efectiva tódalas labores que nos requiran día a día os veciños da Limia”.

A premisa deste novo equipo é “actuar e axudar con total información, prevención e protección, sendo un grupo visible, transparente e eficaz nos nosos operativos tanto culturais, deportivos, festivos, saídas del 112 etc”. Entre os seus proxectos destaca unha campaña de formación técnica para os voluntarios da agrupación co fin de “conseguir uns equipos cada vez máis completos para poder garantir a seguridade de tódolos cidadáns de Xinzo”.

Todos os interesados en colaborar con esta agrupación tanto como voluntarios ou con calquera outro medio poden solicitar información no Concello de Xinzo de Limia ou no teléfono 988 55 01 11.