PSOE e ANOVA únense á Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo

Partido Xudicial Xinzo
PSOE e ANOVA únense á Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo
A organización celebrou o pasado mércores a súa primeira xuntanza na Casa da Cultura REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia PSOE, ANOVA e diversos profesionais do...

A organización celebrou o pasado mércores a súa primeira xuntanza na Casa da Cultura

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

PSOE, ANOVA e diversos profesionais do sector da xustiza son as últimas fichaxes da Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo. Estas forzas únense así a CxG, BNG, SLG, CIG e o Concelho de Vilar de Santos. Esta organización celebrou o pasado mércores a súa primeira xuntanza na Casa da Cultura da vila onde os presentes abordaron os temas relacionados coa organización e funcionamento da propia Plataforma e a acción cidadá que van levar a cabo.

En canto a organización, adoptaron un logotipo e sentaron as bases mínimas de funcionamento do organismo, desde o nomeamento dun voceiro ata cal será o procedemento de toma de decisións, por votación e maiorías nunha Asemblea Xeral. Comezaron así mesmo os traballos de deseño dunha campaña publicitaria que “informe á cidadanía da comarca sobre as consecuencias que carrexará a perda do Partido Xudicial en Xinzo de Limia”.

A próxima reunión da Plataforma, na que se presentarán as propostas de campaña publicitaria, quedou fixada para o día 30 de Abril, ás 20.00 horas na Casa de Cultura de Xinzo de Limia.