O PSOE CONFIRMA QUE DENDE O VENRRES OS PACIENTES DA COMARCA DA LIMIA IRAN O HOSPITAL A VERIN EN VEZ DE O HOSPITAL A OURENSE

ELVIRA LAMA2
O PSOE CONFIRMA QUE DENDE O VENRRES OS PACIENTES DA COMARCA DA LIMIA IRAN O HOSPITAL A VERIN EN VEZ DE O HOSPITAL A OURENSE

Os socialistas da Limia reclaman dos alcaldes a súa posición en contra, por ser perxudicial para a saúde e os intereses dos veciños, e inician una campaña de recollida de sinaturas

As intencións de Eloína Núñez, convértense en realidade ,e fan que os pacientes da Limia vaian o Hospital de Verín en lugar de a Ourense como foron sempre.

Elvira Lama , voceira dos socialistas no concello de Xinzo, di ter constancia das escuras intencións da Xerente do CHUO Eloína Núñez, tal como avanzaba ai unha semana. \“Os peores presaxios están a ser confirmados, polos facultativos da comarca da Limia , dende hoxe venres sas dúas da tarde, os pacientes de especialidades como medicina interna e neuroloxía, xa van ser derivados ao Hospital de Verín, e xa non iran o Hospital de Ourense como foron sempre\”.

Este cambio obedece a situación de caos e colapso que están a sufrir os servizos de urxencias de Ourense, e tamén nos servizos de medicina interna e neuroloxía, dous dos mais demandados, onde non se repoñen facultativos, o persoal de atención diaria é insuficiente para o elevado numero de pacientes e mesmo escasea o material.

A pésima e nefasta política sanitaria que esta aplicando o goberno do PP e o seu brazo armado nesta provincia por parte da prima do Presidente Feijoo, váialle saír moi cara os veciños da Limia , xa que dende hoxe, teñen que ir a Verín en lugar de ser tratados en Ourense como sempre.

De nada serviu a carta asinada e remitida polos distintos facultativos dos centros de saúde dos concellos da Limia, nin as aclaracións de que se vai incrementar os custes para as familias ante a falta de trasporte coa mesma frecuencia que a Ourense, nin que eses pacientes volvan as consultas, moitas veces con patoloxías agravadas e que non fan mais que encarecer e prolongar as doenzas, de unha poboación dispersa en 11 concellos e mais de un centenar de pobos, moitos deles a mais de 1 hora de distancia de Verín e a 15 minutos de Ourense.

Os socialistas iniciaran campaña de recollida de sinaturas, en tódolos Concellos e non descartan sair a rúas para que esta decisión precipitada e irresponsable da Sr Eloina Núñez, que so responde o intento por desatascar o Hospital de Ourense, poda mudar.Lama di que \“ é unha medida aloucada, feita as presas, mentres os alcaldes mudos e impasibles están a obedecer a cegas o que manda a Xerente, permanecendo calados , como si nada do que lles pase os veciños lles importara.