O PSOE propón que se recoñeza a Julio Villarino como mestre-artesán da Pantalla de Xinzo

homiño
O PSOE propón que se recoñeza a Julio Villarino como mestre-artesán da Pantalla de Xinzo

Queren recoñecer así o seu traballo a prol da tradición da máscara

Julio Villarino Rodríguez foi un comerciante de Xinzo que naceu en 1913. homiño

Casou con Dolores Santiago e do seu sogro aprendeu a tradición da Pantalla. Del descubriu a arte de moldear a carauta, unha faceta que logo transmitiu de maneira altruísta ós máis novos para que continuasen co legado.

Por toda a aportación que fixo ó mundo da Pantalla ó longo da súa vida, o grupo socialista levará unha moción ó pleno de Xinzo. A intención é lograr que o resto de grupos apoien a iniciativa por unanimidade, e Julio Villarino sexa recoñecido como mestre-artesán da Pantalla.

"O nome dun home que fixo da máscara unha paixón, e da paixón un legado que foi ensinado con cariño, esmero e paciencia ós máis novos para que a tradición non se esquecera e fose tamén revelada de xeración en xeración", destaca a portavoz do PSOE, Elvira Lama.

Ó mesmo tempo, os socialistas tamén queren destacar a labor dos artesán de hoxe en día que continúan facendo as máscaras. "As Pantallas son a icona, non só dun Entroido, senón tamén sinal identitario de Xinzo de Limia, de ai a importancia de recoñecer a todos aqueles que moldean coas súas mans cada ano,parte da cultura popular", conclúe Elvira Lama.