O PSOE de Xinzo critica a suba da taxa de recollida do lixo nun 20%.

Concelleiros PSOE Xinzo
O PSOE de Xinzo critica a suba da taxa de recollida do lixo nun 20%.

Mentres o resto das taxas quedan sen suba por ser o IPC negativo nun -0.20, o recibo do lixo subirá a primeiros de ano un 20%.

O recibo pasa de 45,03 € a 54,04 € na vila de Xinzo e de 37,46 € a 44,95 € nos pobos. Sube tamén o recibo do IBI do 0,56% o 0,59% polo Plan de axuste do Concello.

Elvira Lama Fernández, portavoz do Grupo municipal Socialista, critica a subida que se vai aplicar a taxa do lixo, \“unha subida espectacular do 20% que se vai notar moitísimo tanto nas vivendas e aínda mais nos negocios, que pagan taxas mais elevadas en función das categorías e dos metros cadrados.

Os socialistas critican que nun momento de crise como o que estamos atravesar, non son tempos para subir unha taxa que afecta a tódolos veciños, tanto vila como dos pobos, onde a recollida solo se fai un par de días a semana, y que afecta tanto as familias como os negocios que tamén están pasando por malos momentos económicos cunha caída importantísima nas vendas de todo tipo.

O incremento da tarifa nese 20%, ven aplicada dende a Deputación provincial que é quen presta o servizo, e que de non ser así o goberno municipal podería facer como en outros concellos que non teñen esa competencia delegada e non van aplicar a subida desta taxa, polo tanto neste caso o beneficio ou prexuízo do prezo resulta cuestionable\” di Lama.

\“A competencia para subir conxelar ou baixar as taxas e impostos dos servizos municipais, é unha competencia exclusiva dos Concellos, non nos pode dicir o Alcalde, Antonio Pérez, que como é unha tarefa que se presta por parte de outra administración, neste caso a Deputación provincial, temos que estar o que nos digan dende alí\” comenta a portavoz. Non é un bo argumento, porque aínda de ser así, o propio Concello podería a sumir a porte do custe que resulte de aplicación sen repercutilo nos veciños.

Esta parte é inviable nun Concello atado de pes e mans polo Plan de axuste, imposto polo Ministerio de Facenda fruto de unha débeda elevadísima, que este Alcalde non fixo mais que incrementar, e que debe ser pagada por tódolos veciños de Xinzo.