O PSOE de Xinzo denuncia o trato de favor do alcalde e candidato á alcaldía de Xinzo, Antonio Pérez co hiperbazar chino, xa que está mañá o concello de Xinzo iniciou ás obras de acondicionamento da zona de aparcamento que hai diante do hiper, logo de fai máis de 8 anos que os veciños dos edificios onde está situado pagaran o saneamento, o abastacemento e as beirarrúas mediante elevadas contribucións especiais.
Cabe salientar, que o custo de esta obra corre a cargo de todo os veciños do pobo para favorecer os intereses dunha gran superficie comercial que vai a lesionar fortemente un pequeno comercio local gravemente “tocado” pola crise económica.
O resto dos comercios de Xinzo ven como as súas rúas e beirarrúas están en estado de abandono e suciedade durante o resto da lexislatura sen que dende o concello se inmuten.
Ademais, Elvira Lama considera que está actuación é un claro exemplo de interese electoral cando faltan 29 días para ás elección municipais.