viernes. 09.12.2022

O PSOE DE XINZO PIDELLE O ALCALDE QUE FAGA REPARAR A VARANDA DO PASEO DO RIO LIMIA

Unha obra feita as presas e mal rematada, na que faltan mais de 200 metros de varanda de madeira.Un paseo...
Paseo do rio Limia

Unha obra feita as presas e mal rematada, na que faltan mais de 200 metros de varanda de madeira.Un paseo que percorren a diario numerosos veciños e que presenta un estado lamentable por descoido do grupo de goberno

Elvira Lama, portavoz do grupo municipal socialista, ven de presentar formalmente solicitude para que se arranxe de inmediato a varanda do paseo fluvial, o carón do rio Limia, o seu paso pola vila. Unha obra que foi feita con cartos do Plan E, con presas e mal rematada foi victima do que parece ser un roubo de mais de 200 metros de varanda de madeira, nos pasados días. A falta de elementos de suxeción con cravos, de unhas madeiras con outras, fixeron que os amigos do alleo, non tiveran problemas a hora de coller e cargar con rapidez, nalgún vehículo ou furgoneta , dado o numero delas que faltan, todo sen facer ruído, para que os veciños mais próximos non se decataran ata a mañá seguinte. Un paseo que percorren a diario numerosos veciños e veciñas a calquer hora do día, e que tamén precisa dunha limpeza do lixo acumulado nas beiras do río Limia. O Grupo Municipal socialista pidelle o alcalde e os responsables de obras e medio ambiente, do seu grupo que repoñan as madeiras que faltan, que amarren ben todas as demais para evitar novos roubos e que proceda a limpar as marxes do rio, do abundante lixo que acumulan a maior brevidade, antes de que o vento e as choivas o arrastren o cauce do rio. Tamen queren facer publico, o estado se suciedade e abandono que segue a presentar a vila de Xinzo, un estado que foi recoñecido polo grupo de goberno, que segue sen facer nada.

 

Comentarios