Programación das Festas de Santa Mariña

cartel festas
Programación das Festas de Santa Mariña

Publicouse hoxe o cartel coa programación de concertos para as festas deste ano.

Saíu hoxe o cartel das Festas de Santa Mariña 2022 coa programación de concertos.

Grupos e artistas

  • En mala hora. Un grupo dentro do xénero rock que se define nas súas redes sociais como "un grupo de versións traballando en repertorio propio".
  • Sr. Jingles (Dúo). Unha banda que se inscribe tamén no xénero do Rock&Roll, liderada por Ramiro Núñez.
  • Los jinetes del trópico. Un grupo que mestura o galego con ritmos tropicais, cumbia e reggaeton.
  • Gin Toni´s. Defínense como: "un grupo que fai versións de clásicos da música española"
  • Ortiga. Un dos artistas galegos do momento que encarna a electro cumbia.
  • A banda da Loba. Un grupo de cinco mulleres galegas que mesturan pop, blues, folk e sons tradicionais.
  • La quinkillada. "La Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova"
  • Cé orquesta pantasma. César Freiria, apaixonado dende pequeno pola música tradicional, achega este proxecto "unipersonal" cun amplio e variado repertorio.
  • Agrupacion Musical da Limia. Non podía faltar a representación da música da comarca da Limia.
  • New York Orquesta. Tampouco hai festa sen orquesta polo que New York pretende animar as noites das festas coa interpretación de temas que todos coñecemos.
  • Lethx Sound. Dj sets.
  • Grupo Assia. Unha orquesta que ten un gran recopilatorio de cancións para que todo o público se anime a bailar coas súas interpretacións.
  • Kid Mount. Dos máis novos do cartel que trae o Hiphop/Rap a estas festas cos seus temas.
  • Patty Diphusa. Achegarán o humor cos seus espectáculos "sobre como vencer o medo".
  • Battle Dance. O baile nin pode, nin vai faltar nas festas deste ano.