AS RECLAMACIÓNS DOS EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE XINZO

290
AS RECLAMACIÓNS DOS EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE XINZO

Viais estropeados, señais caídas, suciedade, iluminación deficiente e lixo nas rúas. O pésimo estado do parque empresarial aberto en 1998, motivou as queixas dos 40 empresarios radicados no polígono de Xinzo. Os emprendedores plantean a creaciín dunha asociaciín de empresarios do parque de forma inminente.

Varios deles remarcaron que a degradación do firme das rúas é moi grande. Non hai iluminación suficiente dentro do polígono e a señalización é moi deficiente. Un grupo deles urxíu o Concello e a Xunta a construir un local social dentro do parque para servizos dos industriais. Hasta fai poucas semanas, a propia erede de internet nesa zona funcionaba de forma moi deficiente, algo que afectaba a operatividade e a competitividade das emrpesas.

Estes emprededores confirmaron que, de xeito inmediato, constituirán unha asociación para a defensa dos seus intereses que se concretará o longo do verán. Na actualidade, o no polígono limián hai corenta empresas radicadas. O propio alcalde, reconoceu que o estado dos viais, a iluminación e a señalirazión é mellorable, decindo "É necesaria unha nova capa de rodadura nos viais e vaise intentar acometer. Somos conscientes das carencias do polígono".

A portavoz socialista, Elvira Lama, comentou que "Hai anos que se ven falando desa ampliaación, pero ogrupo de goberno non fai os deberes ante a Xunta. Os propios empresarios plantexaron xa reiteradamente o pésimo estado do parque". Pola súa banda, Manuel Pérez Campos, portavoz de Xinzo Adiante, afirmou que "Xestur e a Xunta desprezan ós empresarios de Xinzo".