“Queremos unha vila máis segura e máis humanizada” (Elvira Lama)

“Queremos unha vila máis segura e máis humanizada” (Elvira Lama)
O Goberno local vén de dotar aos axentes de nova tecnoloxía para evitar as infraccións, ordenar a circulación de vehículos, liberar espazo para os peóns e mellorar a seguridade viaria

As malas prácticas ao volante terán consecuencias en Xinzo de Limia, sobre todo en zonas como o casco histórico, onde é frecuente atopar vehículos mal estacionados. O Concello de Xinzo de Limia vén de dotar á Policía Local de nova tecnoloxía para evitar as infraccións, ordenar a circulación, liberar espazo para os peóns e mellorar a seguridade viaria. A alcaldesa, Elvira Lama, ten clara a dirección na que traballa o executivo local: “A nosa intención é que se deixen de lado as malas prácticas de chegar co coche ata a porta do comercio ou do bar. É Unha boa maneira de advertir á poboación de que cando non cumprimos as regras, A Policía Local está para velar pola seguridade dos peóns. Queremos unha vila máis segura e máis humanizada”. vehículos, controlar o acceso a zonas restrinxidas ou a velocidade... Incluso se está a valorar a instalación de cámaras de control e diferentes espazos.

Durante os próximos días, os axentes da Policía Local familiarizaranse co novo material e sistemas, que non empezarán a empregar ata que se leve a cabo unha campaña informativa entre a cidadanía do municipio.