Quero agradecer o esforzo a tódolos veciños e veciñas de Xinzo que se achegaron a facer a proba, desexando o menor número posible de positivos.(Elvira Lama)

Quero agradecer o esforzo a tódolos veciños e veciñas de Xinzo que se achegaron a facer a proba, desexando o menor número posible de positivos.(Elvira Lama)

Quero facer unha valoración relativamente positiva do cribado de onte, porque a porcentaxe de participación que esperábamos era moito maior.

Elvira Lama, dende o seu illamento, estivo en todo momento seguindo a xornada de rastrexo que ela mesma solicitou ata tres veces ás autoridades sanitarias pola situación que estamos a sufrir no noso concello, onde onte chegaba a cifra de contaxiados a 155.

Onte a última hora facía unhas declaracións a este xornal sobre o acontecido, esperando e desexando que os datos sexan os máis alentadores posibles.

Quero facer unha valoración relativamente positiva do cribado de onte, porque a porcentaxe de participación que esperábamos era moito maior.

Un 70,3 de asistencia das 4.200 persoas citadas son 2.952, cifra non favorece ter unha radiografía exacta do que acontece no Concello nin saber con certeza a taxa de asintomáticos que podemos ter, que era a finalidade deste Cribado.

                               Pero con estes datos hai que traballar e trasladarlle a cidadanía unha mensaxe de responsabilidade individual e colectiva: non nos podemos permitir o número de casos de onte, cando chegamos aos 155, un dato moi preocupante que multiplica por 6,5 a cifra de 250/100.000 habitantes.
En canto ao 29,70% dos seleccionados para o cribado que non asistiron, en algúns casos por causa xustificada de estudos, traballo ou confinamento, foron 1.247 persoas citadas. Me consta que algúns, aínda querendo, non puido cancelar a cita para que se puidera seleccionar a outra persoa no seu lugar.
En todo caso, dado que o obxectivo final e común é protexer a saúde de todos e parar a transmisión do virus para salvar vidas, quero agradecer o esforzo a tódolos veciños e veciñas de Xinzo que se achegaron a facer a proba, desexando o menor número posible de positivos.
Tamén quero agradecerlle ao Sergas e a Consellería de Sanidade a súa resposta a nosa insistente solicitude para facer este cribado. E, por suposto, aos equipos de sanitarios desprezados a Xinzo a facer por segunda vez esta proba.

Tamén quero agradecer o traballo de tódalas persoas que colaboraron para que a xornada fora un éxito de organización, nomeadamente ás brigadas do concello, Policía Local, Protección Civil e técnicos deportivos.

E sigamos todos e todas xuntas combatendo este maldito virus.