O recurso da plataforma en contra da planta de Parada non prosperou

O recurso da plataforma en contra da planta de Parada non prosperou

O xulgado entende que a licencia Municipal foi correcta

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense desestimou o recurso presentado pola Asociación Veciñal de Xinzo de Limia, de licencia de obra da planta asfáltica na Canteira de Bouzas

O motivo da desestimación do recurso é a consideración de que a instalación “non se sitúa na zona de especial para aves ZEPA de A Limia”. Tal e como remarcou o xuíz, “é evidente que non existe afectación directa” a áreas protexidas, e posto que tampouco hai informe que acredite afectación indirecta, “necesariamente debe conducir á desestimación do recurso”.

Considéranse tamén innecesarias a avaliación ambiental ordinaria e a autorización ambiental integrada pola presenza de produtos químicos. Ademais, a sentencia remarca que a licencia de obra que lle outorgou o Concello de Xinzo está ben concedida e os órganos competentes da Xunta de Galicia concederon a autorización sabedores da existencia de dita zona ZEPA.

Por estes motivos, a planta asfáltica, operativa en Xinzo dende mediados de 2014, continuará traballando na zona limiá dado que, segundo o fallo do xurado, non afecta nin á zona xa mencionada nin ao castro e os restos arqueolóxicos próximos á instalación.