O. Ferreiro
3 de enero de 2018, 22:29
Os Reis Magos de Oriente pasearán polas ruas de Xinzo de Limia, como é habitual, este venres día 5 de xaneiro, unhas horas antes de visitar as vivendas dos máis pequenos e pequenas da casa para lles deixar os correspondentes agasallos.
A partir das 17:30 horas e saíndo dende a Casa da Cultura da capital da Limia, a cabalgata de Reis percorrerá a vila para seren recibidos finalmente no Pavillón Municipal de Deportes. As súas maxestades e os seus paxes repartirán caramelos ás familias que se acheguen a saudalos.
A Cabalgata de Reis está organizada polo Concello de Xinzo de Limia coa colaboración de Protección Civil e Eroski.