Os Reis Magos visitaron as escolas de Xinzo para recoller as cartas dos cativos

nenos
Os Reis Magos visitaron as escolas de Xinzo para recoller as cartas dos cativos

O longo desta mañá, os Reis Magos de Oriente comezaron co seu traballo de Nadal.nenos

Melchor, Gaspar e Baltasar, achegáronse ata o CEIP Rosalía de Castro e CEIP Carlos Casares. Alí mantiveron un encontro cos máis pequenos que lles entregaron as súas cartas. Algúns tímidos outros menos, fóronse achegando un por un para trasladar as súas peticións, entre elas, xoguetes para tódolos nenos e ledicia.

A actividade enmárcase nun programa do Concello que contén numerosos actos de ocio para as vacaccións de Nadal.