Os Reis Magos visitaron Xinzo

9
Os Reis Magos visitaron Xinzo

A fría tarde non restou a presenza dos Limiáns nas rúas

Como é costume en cada cinco de xaneiro as súas maxestades de oriente achegáronse tamén a Xinzo para que os pequenos e pequenas gozaran coa súa presenza e ao final do percorrido da cabalgata un por un pasaran a saudalos e a lles facer a petición de último momento, para que esta noite todo saia perfecto.

A cabalgata partiu da Casa de Cultura, a cal xa estaba chea de nenos, nenas, país nais e avós que non querían perderse o acontecemento.

1514131211A Agrupación musical da Limia abriu o desfile da carroza que transportaba aos Reis e aos paxes que os acompañaban e que non deixaron en ningún momento de obsequiar a todos os que polo camiño se encontraron de caramelos e lambetadas.

16

A recepción principal realizouse no pavillón de deportes , no cal esperaban mais veciños a comitiva real.