Rematando a montaxe de ALIMAGRO 21

montaxe 3
Rematando a montaxe de ALIMAGRO 21

A Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola inclúe dúas xornadas sobre a produción ecolóxica e as novas aplicacións da agricultura na Casa da Cultura

Durante toda a fin de semana porase en valor o sector e o seu peso na economía da comarca da Limia, consolidando a feira como un referente do norte de España

Montaxe 1

Non só a especialistas do sector atraerá a Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola Alimagro, que nesta segunda edición une as dúas citas nun mesmo espazo e fin de semana e inclúe dende degustacións gastronómicas ata animación musical e infantil. Aínda que os expositores instalaranse no pavillón municipal e nos seus exteriores e neste emprazamento levarase a cabo o groso da programación, dúas xornadas porán en valor a agricultura e celebraranse na Casa da Cultura. A primeira delas, prevista para mañá as 9.00 horas, terá como tema central a produción ecolóxica. A iniciativa, organizada por Agacal e a Consellería de Medio Rural, será o acto previo a apertura das portas do recinto feiral (10.00 horas) e á inauguración oficial (12.00 horas).

Montaxe 2