Remataron as mellores festas de Xinzo da última década

310
Remataron as mellores festas de Xinzo da última década

Todo era cuestión de planificación e presuposto axeitado

Graffiti de Vila Real e Saudade puxeron o peche de ouro a unhas festas de Sta. Mariña, que supoñemos pasarán a historia da vila, como unhas das mellores dos últimos dez anos, polo menos.

ORQUESTRAS DE RENOME

312

317

Durante os catro días que duraron, pasaron por Xinzo un ramallete de orquestras de primeiro nivel no panorama musical de verbenas en Galicia.

Tamén durante estes catro días houbo actividades para todos os gustos e para todas as idades, que fixeron que moitos forasteiros se achegaran ata a nosa vila e quizais algún dos veciños que sempre aproveitaban estes días para coller as súas vacacións se quedaran no pobo.

PROCESIÓN PARA COMEZAR O DÍA

311Para comezar o día grande das festas, como é costume houbo a procesión de Sta. Mariña, que dende o barrio que leva o nome, despois de pasar por un amplo percorrido polas rúas do casco vello chegou a igrexa nova onde se celebrou a Sta. Misa. Na procesión non faltaron por suposto unha boa representación das autoridades municipais, así como das forzas de seguridade que acompañaron as imaxes polo percorrido o son das gaitas da Banda de Xinzo e da Agrupación Musical da Limia. Xa dentro do templo a misa foi cantada pola coral Sta. Mariña.

Sesión vermú e pola tarde maxia na praza maior, para rematar coa festa e verbena amenizadas polas orquestras antes citadas Graffiti e Saudade.