Rematou a 1ª feira das Mozas do 14 en Xinzo

Ramiro, Elvira, Carlos e o presidente da Asc. A PANTALLA
Rematou a 1ª feira das Mozas do 14 en Xinzo

Esperamos que esta sexa a primeira de moitas (Elvira Lama)

En tan solo 14 días a asociación A Pantalla coa colaboración da Xunta e o Concello, foi quen de desempoar unha feira que alo polos anos 50 se facía en Xinzo coincidindo coa do 14 de maio.

EXITO TOTAL

03
Aspecto da praza a última hora da actuación da orquestra

Todo comezou esta mañá de sábado con pasarrúas a cargo de Candaria de Laza, a Banda Senior, e os grupos Alaio e Cidade de Antioquía.

As chuvias caídas ao longo do día permitiron que todo o programa se levara a cabo. Como estaba previsto ás 20:00 comezaba a verbena na praza Maior, que dende media tarde xa estaba repleta de xente agradando pola mesma.

A música música e os bailes estiveron da man do grupo Fiadeiro de Vigo. Foron moitos e moitas as que se botaron a metade da praza, ataviadas de festa e cun caravel roxo nalgún lugar da súa indumentaria.

Na metade da “verbena” subiron ao escenario representantes do Concello encabezados pola alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro de Cultura Ramiro, así como o presidente da asociación a Pantalla, organizadora da festa e Carlos Gómez en representación da Xunta de Galicia, que tamén colaborou na mesma cunha cantidade económica, así como o Concello.

O presidente da asociación fixo entrega duns agasallos as persoas e entidades que fixeron posible que a feira saíra adiante.

TODA VERBENA TEN QUE TER UNHA PUXA

02
Momento de remate da puxa

Todas as verbenas de pobo, naquelas épocas andaban escasa de cartos e ao fin da noite sempre se facía unha puxa por algo material, doado case sempre polos veciños para tratar de cadrar o presuposto, e si sobraba, pagarlle algo máis a orquestra para que botara algunha peza máis. Aquí na 1ª feira das mozas do 14 de maio de 2022, tamén se puxou por unha canistela de produtos do campo doados por unha veciña, chegando a mesma a nada despreciable cantidade de 1.000 Ptas, que foron entregadas aos músicos para que a festa continuara uns minutos máis, como así foi.

VALORACIÓN MOI POSITIVA DA ALCALDESA

Elvira Lama, pouco antes de rematar a “verbena” manifestaba estar sorprendida do éxito da festa, e esperando que esta fora a primeira de moitas.