28 de marzo de 2023, 13:28
A Praza Xoán XXIII de Xinzo de Limia loce unha imaxe renovada. O executivo local, no seu empeño por embelecer e manter en bo estado os espazos públicos do concello, levou a cabo diferentes actuacións. Así, instaláronse novas xardineiras con camelias e petunias brancas, colocáronse dúas papeleiras e rehabilitáronse os bancos. Coa entrada da primavera e a chegada do bo tempo, veciños, veciñas e visitantes xa contan no centro da vila cun espazo renovado ao aire libre.