"Representamos a importancia do sector primario na Limia"

Adegal
"Representamos a importancia do sector primario na Limia"
Por unha feira que iguale as cifras do ano pasado e que as circunstancias meteorolóxicas afecten o mínimo posible

María Teresa, presidenta de Adegal, explica que no stand preténdese amosar a capacidade que hai na Limia tanto no agrícola como no gandeiro e no empresarial. A súa presencia di que corresponde "á representación do peso que ten o sector primario na economía da Limia".

Dende Adegal esperan que se igualen as cifras do ano pasado e que as circunstancias meteorolóxicas non afecten en gran medida á participación e asistencia.