Os restos de Franco trasladaranse finalmente a Limia

img2.rtve.es
Os restos de Franco trasladaranse finalmente a Limia

Estáse preparando todo para o traslado o Mosteiro de Trandeiras

O Goberno de España cumpriu a promesa de sacar os restos de Francisco Franco antes de rematar o ano.

A vicepresidenta do Goberno Carmen Calvo , compareceu este venres tras o último Consello de Ministras e Ministros deste ano 2018 , asumindo o rol de portavoz do Goberno. CARMEN CALVODeclarando ante os medios de comunicación que Francisco Franco será exhumado nos próximos días do Valle dos Caidos, donde goza dunha “ tumba de Estado” , e trasladado á Limia.No Real Decreto aprobado polo Executivo e refrendado pola maioría absoluta do Congreso, co que se ordenaba a execución da exhumación de Franco, xa se mencionaba a provincia de Ourense, concretamente o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, como destino primordial.

Na actualidade o Mosteiro do Bon Xesús está encravado na parroquia de San Pedro de Pena, no Concello de Xinzo, e administrada polo arcipreste da Limia e Director da banda municipal, Don Jaime Collazo Bóveda. Foi promovido para o cargo o pasado 17 de septembro, case un mes despois da publicación do Real Decreto no Boletín Oficial do Estado (BOE).tg_carrusel_cabecera_grande

O Bispado de Ourense comprometeuse a elaborar, en coordinación cas autoridades públicas , un sistema de seguridade que impida a entrada ó templo de grandes grupos de persoas. Como primeira medida as visitas serán guiadas, en fila india e descalzos. Haberá tamén un dispositivo de seguridade tanto no recinto sagrado como na torre de Pena, ca fin de garantir o cumprimento da Lei de memoria histórica e non enaltecer en ningún momento a dictadura franquista.