Retoman as obras no polígono industrial para a construción da rotonda de acceso
Foran paralizadas por un problema cunha torre eléctrica
A rotonda de entrada á área industrial de Xinzo tiña que estar rematada hai uns meses. O feito é que as obras retrasáronse por culpa da torre de Fenosa que se atopa na entrada do polígono. Para que a instalación non quedase no medio da rotonda, tense que eliminar e no seu lugar colocar dúas máis afastadas para garantir o suministro eléctrico.
Os trámites do cambio foron o motivo do retraso nas obras de mellora do acceso ás parcelas industriais.
Coa posta en marcha desta rotonda, que era unha demanda da maioría dos empresarios, vanse correxir os problemas sobre todo de confusión, para os vehículos que queren entrar no polígono. A nova construción vai enlazar tódalas rúas da área industrial na mesma entrada principal que é a traves da estrada que vai de Xinzo a Vilar de Barrio. Levarase a cabo tamén a renovación da sinalización vertical e horizontal.
O proxecto valorado en máis de 100.000 euros é asumido polas arcas muncipais que pediron axuda á Deputación.
O Ministerio de Fomento cederá temporalmente a titularidade do vial entre a autovía e a nacional do concello de Xinzo para que poidan acometer as obras.