O rexedor de Xinzo perante o xuíz tras ser denunciado polos donos dun céntrico local

arcos
O rexedor de Xinzo perante o xuíz tras ser denunciado polos donos dun céntrico local

O motivo foi o peche do bar por orde municipal

A orixe do conflito ten que ver co peche do local por parte do Concello en agosto de 2014, alegando que o edificio presenta un estado de ruína inminente. Trátase do coñecido bar "Arcos" que se sitúa en plena rúa dos viños de Xinzo. A construción data do ano 1928 e tras un informe do arquitecto, o Concello decidiu pechalo ante o perigo de derrubamento. Segundo manteñen dende o consistorio, o problema atópase na primeira planta, moi deteriorada polo paso do tempo e polas humidades. Tamén se apuntalou o edificio para garantir, din, a seguridade dos veciños pois podían caer cascallos. Dende o Concello manteñen que se lle pediu ós donos que arreglasen os desperfectos pero ante a negativa destes, decidiron pechar o local.

Por todos istes feitos, os propietarios do bar presentaron unha denuncia e o alcalde tivo que comparecer onte nos xuzgados. Antonio Pérez e o arquitecto, declararon como imputados por un presunto delito de prevaricación administrativa. O rexedor popular di non entender como ten que acudir ó xulgado por tomar unha decisión que se fixo para "garantir a seguridade dos veciños e veciñas" e contou di, co apoio de informes da Policía Local alertanto do estado perigoso do edificio.

Pola súa banda, os donos do bar consideran que foi un erro que lles pecharan o local. Manteñen que o único problema que presenta o edificio é na cuberta da primeira planta. Sinalan que a estrutura está en boas condicións e non hai perigo de derrubamento. Apoiánse nun informe pericial no que se recolle que non hai risco de caída do edificio e que só terían que rerapar dúas vigas. Os denunciantes non entenden o motivo de que lle pecharan o bar que levan toda a vida traballando e agardan poder recuperalo canto antes.