Río Lethes, un lugar para o recordo

IMG-8819 (1)
Río Lethes, un lugar para o recordo
Revivimos parte da historia da man de castrexos e romanos

Diante das augas do río Limia e fronte a ollada de centenares de persoas que asistiron para presenciar a recreación histórica, Décimo Xuño Bruto, que se atopaba en plena campaña bélica para conquistar o noroeste peninsular, sitúa a súa mirada na outra beira. A súa intención? desmentir o mito de que cruzar as augas significaba perder os recordos para sempre. O exército romano, a pesar de vencer en máis de mil batallas, quedou paralizado ante aquel río que prometía borrar a memoria de todo aquel que osase cruzalo. Ante advertencias e temor das tropas, Xuño Bruto estaba disposto a romper a barreira que impedía continuar coas súas ansias de conquista e a demostrarlle aos seus soldados a falsidade daquela lenda.

-MG-6616Incertidume quizais, mais medo nunca e tomando o estandarte do seu exército o xeneral cruzou o río de nome Lethes. Dende a outra beira comezou a chamar aos seus soldados polo seu nome, un por un, "¡Cayo!, ¡Tiberio!, ¡Marco!" e estes quedaron abraiados de como o seu superior non perdera a memoria e imitando os seus pasos pasaron entre as augas ate chegar ao outro lado. Era o ano 138 a. C. e o exército romano chegara ate os confines do mundo coñecido, un lugar onde calquera portento ou marabilla podería ser real, mais non a lenda do río do Esquecemento como xa quedara demostrado. Xa en terras descoñecidas tiveron que facer fronte as tribos castrexas que habitaban a zona para finalmente dar como gañadores aos invasores, que tras enfrontarse a unha posible perda de recordos xa non tiñan medo a nada. Todo isto ante a presenza dos visitantes e veciños de Xinzo que vían como un ano máis se repetía a historia.-MG-6707

Rematada a obra de teatro a festa continuou para os nenos con xogos infantís e atraccións na Praza de San Roque e coa posterior actuación da Muller Queimada que realizou diversos xogos con lume. Como non podían irse sen despedirse centos de figurantes formaron filas para dar lugar a un desfile, que deixaba ver, por última vez no ano, os disfraces que adornaban, durante a festa, as rúas de Xinzo. A música tradicional en forma de gaita da man dos gaiteiros de Lirolaio non cesou ate que a charanga XL continuou a festa no campamento poñendo punto final a un Esquecemento 2019 que terminou empapado pola choiva.

Non sabemos se o Esquecemento 2020 superará o deste ano, máis o único que podemos ter ben claro é que volveremos revivir o paso polo rio Limia, un lugar que non esquece este acontecemento da nosa historia.