O río Limia, quedou abrazado

Abrazo de limia 2
O río Limia, quedou abrazado

Mais de 400 rapaces e rapazas de colexios percorridos polo Limia, cumpriron co acto do abrazo simbólico do río en Xinzo

Despois de meterse entre peito e costas uns bos bocadiños os alumnos de 4º de E.P. dos colexios de Xinzo e de Ponte de Limia, pasaron o salón de actos da casa de Cultura para escoitar dúas pezas interpretadas pola banda da escola municipal de Xinzo.

Abrazo de limia 1

Posteriormente visionaron unha pequena curtametraxe feito polo alumnos do CEIP Carlos Casares, para pasar logo ós discursos oficiais.

Nestes discursos, resaltaron o importante destas xuntanzas que serven , non só para aprender, se non o máis importante para facer lazos de amizade, que tódolos representantes, tanto dos concellos participantes, como dos colexios, resaltaron porriba de todo.

ABRAZO Ó RÍO

Unha vez rematado este acto, máis protocolario os rapaces e rapazas desprazáronse ata o río Limia, para entre a ponte e a pasarela facer o abrazo simbólico, principal acto da xuntanza. Mentres se levaba a cabo este abrazo, nenos representantes de Xinzo e Pontedelima, facían unas peticións por megafonía, referentes o trato que lle debemos dar a natureza, para conservala, e si é posible mellorala.

PLANTACIÓN CONMEMORATIVA

Abrazo de limia 3

O ano pasado púxose unha arbore nos xardíns do parque, árbore que estaba totalmente florida e este ano arredor plantaronse 4 exemplares de azaleas.

Rematados estes actos comezaron as actividades de todo tipo que conxuntamente os levarán ata Trandeiras e como non o nacemento do río que nos une, o Limia ou o Lima.