Rolda de prensa para anunciar proxectos e programas a desenrolar nos vindeiros meses

Rolda de prensa para anunciar proxectos e programas a desenrolar nos vindeiros meses
Os presupostos do 2020 irán previsiblemente a un pleno do mes de outubro

Traballamos dende o minuto un para demostrarlles aos veciños o prometido, que outra forma de gobernar é posible.

Elvira Lama deuunha rolda de prensa no concello hoxe día 8 a media mañá, a poucas horas da celebración do seu primeiro pleno ordinario para dar a coñecer os proxectos nos que están inmersos neste momento e para avanzar os que comezarán ou continuarán nos vindeiros meses.

As súas primeiras verbas foron as de que traballamos dende o minuto un para demostrarlles aos veciños o prometido, que outra forma de gobernar é posible.

lvira Lama estivo acompañada esta vez polos concelleiros de Facenda Manuel Pérez e Infraestruturas Rafa Penabad.

Campaña de conciencización comezando polos máis pequenos

Continuaremos coas campañas de concienciación e información sobre a limpeza de espazos públicos para facer, tanto desta vila como dos pobos deste concello, lugares mais agradables para vivir e sobre todo máis saudables para todos e para todas.

Esta é unha tarefa que nos atinxe a todos, pero sobre todo comezando por cada un de nos, comezando por respetar, reducir e reciclar .

As 3R debemos inculcarllas a poboación comezando polos máis pequenos nos colexios, implicando a toda a comunidade educativa. Esta campaña comezarémola a principios deste vindeiro curso.

Pasou logo a contestar á denuncia feita polo partido popular estes dias, na prensa sobre un vertedoiro incontrolado.

Recordoulle aos denunciantes que este vertedoiro xa foi clausurado varias veces, a instancias tanto do grupo socialista, como de outros da oposición. Dubidamos moito, comentou a alcaldesa, de que este vertedoiro aparecese de repente, cando levamos escasos 50 dias gobernando este concello. Neste momento, continuou dicindo a alcaldesa que o expediente está comunicado a Policía Local e ós servizos correspondentes para que retiren eses restos o antes posible.

INFRAESTRUTURAS EN ESTADO PÉSIMO DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO

Este equipo de goberno está traballando coordinadamente dende o minuto un tratando de resolver a inxente cantidade de problemas que deixou o partido que durante 16 anos gobernou este concello. Moitos deles teñen que ver coas infraestruturas en pésimo estado de conservación e mantemento. Supoño continuou dicindo que, este tema sairá nalgún punto dos temas a tratar no pleno desta tarde, dando cumprida información e resposta.

Campaña de empadroamento e presupostos 2020

Anunciou a alcaldesa , que neste momento teñen porriba da mesa o estudo para modificación de algunhas taxas para favorecer o empadroamento de veciños e veciñas que aínda vivindo no noso concello están empadroados noutros concellos limítrofes. Temos a obriga de incrementar a poboación e de fomentar as rebaixas e bonificacións que sexan posibles acometer para que sexan un punto de incentivo para que esas persoas volvan a empadroarse no noso concello, xa que están disfrutando dos nosos servizos.

Está tamén na mesa da alcaldía o reto de presentación dos presupostos do 2020, para que entren en vigor o día 1 de xaneiro, no que se plasmarán todos os proxectos que se podan acometer, de acordo a regla de gasto imposta no plan de axuste que nos deixou o goberno anterior do PP.

REORDENACIÓN DO TRÁFICO

                               Iniciaranse coa Policía Local e cos técnicos de Urbanismo un estudo pormenorizado e en profundidade das necesidades de reorganizar o tráfico na vila, sobre todo en temas concretos de aparcamento e puntualmente nos accesos ao país veciño de camións de transporte de animais vivos en torno ao centro escolar Rosalía de Castro.
Tamén se vai a solicitar a mellora na iluminación de pasos de peóns, tanto en rúas municipais como de outras administracións. Para elo solicitarase a colaboración das distintas administración implicadas.
Estanse a facer estudos para solicitar axudas para aforro enerxético e implantación de enerxías limpas para poder rebaixar o gasto corrente, que ao seu entender e moi elevado.