Os romanos volveron pasar o río Lethes e a vencer aos castrexos

Paso das tropas o rio Lethes
Os romanos volveron pasar o río Lethes e a vencer aos castrexos

Esta vez foi a media tarde cando ó caudillo romano pasou cos seus mais fieis soldados o rio Lethes, demostrando...

Esta vez foi a media tarde cando ó caudillo romano pasou cos seus mais fieis soldados o rio Lethes, demostrando despois de habelo feito, que era mentira aquelo que dicían os castrexos da perdida da memoria

A partir deste feito a historia ía mudar para sempre. Unha vez do outro lado as tropas romanas retaron os pobos que se atopaban na limia, e o seu insigne guerreiro Antioco arengou os seus fieis guerreiros para enfrontarse as lexións romanas. Gañas e espírito guerreiro non chegaron para vencer os invasores, que despois de dar morte a case todos os castrexos, aínda lle deron a oportunidade ó enfrontamento un a un dos dous xefes. A cousa non cambiou e ó xeneral romano deu morte o guerreiro limiao. Pero por a súa bravura, o vencedor ordenou que os seus deran enterro con todos os honores o seu xefe, ordenando a súa vez que os guerreiros vivos foran tratados con toda dignidade. A partir deste momento os romanos foron facéndose donos da Galia.