Rouba maquinaria e rompe o cableado tras ser botado do local que alugou por non pagar

xuzgado
Rouba maquinaria e rompe o cableado tras ser botado do local que alugou por non pagar

Agora a fiscal solicita ano e medio de prisión para este veciño de Xinzo de Limia.

Segundo informa o diario La Región, a representante do ministerio fiscal reclamou onte unha condena de ano e medio de prisión para Francisco R.C., a quen acusou dun delito de apropiación indebida e unha falta de danos.

O inculpado arrendou un local comercial situado na rúa Curros Enríquez de Xinzo de Limia en virtude dun contrato asinado no 2010. O citado contrato conlevaba a cesión de maquinaria: dous botelleros de aceiro inoxidable, un fabricador de xeo, un lavalouzas, un equipo de música e unha bolsa de espellos con motor.

A fiscal mantén que o acusado, tendo en conta que resultou desafiuzado por falta de pago en outubro de 2010, procedeu a retirar a maquinaria do establecemento, ademais de causar danos no cableado da luz e nos altofalantes. O valor da maquinaria asciede a 3.788 €.