O. Ferreiro
31 de octubre de 2017, 0:03
O roubo produciuse o pasado luns pola madrugada. Os delincuentes forzaron e cortaron unha verxa para poder acceder ao alpendre agrícola onde se atopaba o material. A nave estaba situada no medio dunha finca, afastada da vivenda da dona, que se percatou das substraccións dous días despois do roubo.
Os ladróns fixéronse con diversas ferramentas, calzado e chatarra no almacén, propiedade dunha veciña de 45 anos que comprobou como a entrada ao alpendre fóra cortada por varios puntos para facilitar o acceso dos ladróns.