domingo 24/10/21

Rubén Diz, campión do mundo de medio maratón

Nos campionatos de atletas de  máis de 35 anos, hoxe a tarde en Málaga

IMG-20180916-WA0005
Rubén Diz, campión do mundo da media maratón en Málaga

Nos campionatos do mundo de atletismo Master celebrados ao longo desta semana entre os 8000 atletas participantes de todo o mundo atopábase  Rubén Diz, o noso atleta limián que competía na proba de media maratón  de +35 anos.

A proba, pechaba a competición . Rubén Diz, comentou a dendealimia, que chegou a Málaga algo tocado por un arrefriado, pero que apesares do calor e a humidade logrou chegar primeiro a meta, na proba en que participaron uns 2000 atletas logrando a medalla de ouro dos campionatos.